Cantigas de Santa María

 
 
mapa web
 
Pincha en el icono para escuchar el midi; y en la imagen, para ver cada una de las viñetas ampliada, con la traducción del poema
cantiga 278

Cantiga 278 La Virgen devuelve la vista también al peregrino De vuelta, recomiendan a otro peregrino ciego que vaya a Vila-Sirga En Vila-Sirga la Virgen hace el milagro La mujer, todavía ciega, vuelve a Francia La mujer reza a Santiago para que le devuelva la vista Una mujer ciega y su hija peregrinan hacia Santiago de Compostela

Como ha bõa dona de França, que era cega, vo a Vila-Sirga e teve y vigia, e foi logo guarida e cobrou seu lume. E ela yndo-se pera sa terra, achou un cego que ya en romaria a Santiago, e ela consellou-lle que fosse per Vila-Sirga e guareceria.

Como sofre mui gran coita o om' en cego seer, assi faz gran piadade a Virgen en ll' acorrer.

E desto contar-vos quero miragre fremos' e bel que mostrou en Vila-Sirga a Madre de Manuel, u faz ameude muitos, que son mais doces ca mel, pera quen en ela fia de gran sabor y aver.

Como soffre mui gran coita o om' en cego seer ...

Esto foi en aquel tenpo que a Virgen começou a fazer en Vila-Sirga miragres, per que sãou a muitos d' enfermidades e mortos ressocitou. E porend' as gentes algo começavan d' i fazer,

Como soffre mui gran coita o om' en cego seer...

E de muitas terras eran os que vian aly. Mas ha dona de França, cega, per quant' aprendi, roma a Santiago foi, mas av[o] -ll'assy que non sãou de sa ida que sol podesse veer.

Como soffre mui gran coita o om' en cego seer ...

E depois aa tornada, quando chegou a Carron, ha sa filla lle disse: «Treides, se Deus vos perdon, albergar mais adeante a has choças que son preto de nosso camo, e y podemos jazer.»

Como soffre mui gran coita o om' en cego seer ...

E pois sairon da vila, muy preto daquel logar fillou-ss' a chover mui forte, e ouveron a entrar con coita ena eigreja, e des i ant' o altar se deitaron. E a cega foi ssa oraçon fazer,

Como soffre mui gran coita o om' en cego seer...

Rogando Santa Maria, a Sennor esperital, que ss' amercasse dela e lle tolless' aquel mal, per que ouvesse seu lume. E log' a que pod' e val fez que foi logo guarida. E fillou-ss' a beizer

Como soffre mui gran coita o om' en cego seer ...

A Virgen Santa Maria; e outro dia fillou seu cam', e assi yndo, un ome cego achou que a Santiago ya; mas ela ll' aconssellou que fosse por Vila-Sirga, se quisesse lum' aver.

Como soffre mui gran coita o om' en cego seer ...

E contou todo seu feito, como fora con romeus muitos pera Santiago, mas pero nunca dos seus ollos o lum' y cobrara, mas pois a Madre de Deus llo dera en Vila-Sirga pelo seu mui gran poder.

Como soffre mui gran coita o om' en cego seer...

O cego creeu a dona, e tan toste sse partiu dela e foi sa carreira, tanto que ss' el espediu; e pois foi en Vila-Sirga, fez ssa oraçon e vyu, ca non quis Santa Maria eno sãar deter.

Como soffre mui gran coita o om' en cego seer...

Quantos aquesto souberon todos logo manaman loaron Santa Maria, a Sennor do bon talan, por tan aposto miragre que fez, e tan sen affan, como en fazer dous cegos tan agynna guarecer.

Como soffre mui gran coita o om' en cego seer ...