Cantigas de Santa María

 
 
mapa web
Pincha en el icono para escuchar el midi; y en la imagen, para ver cada una de las viñetas ampliada, con la traducción del poema
cantiga 58

cantiga 58

Como Santa Maria desviou a monja que se non fosse
con un cavaleiro con que posera de ss' ir.

De muitas guisas nos guarda de mal Santa Maria, tan muyt' é leal.

E dest' un miragre vos contarei
que Santa Maria fez, com' eu sei,
da monja, segund' escrit' achei,
que d' amor lle mostrou mui gran sinal.

De muitas guisas ...

Esta monja fremosa foi assaz
e tia ben quant' en regla jaz,
e o que a Santa Maria praz,
esso fazia senpr' a comunal.

De muitas guisas ...

Mas lo demo, que dest' ouve pesar,
andou tanto pola fazer errar
que a troux' a que ss' ouve de pagar
dun cavaleiro; e pos preit' atal

De muitas guisas ...

Con ele que sse foss' a como quer,
e que a fillasse pois por moller
e lle déss' o que ouvesse mester;
e pos de s'ir a el a un curral

De muitas guisas ...

Do mõesteir'; e y a atendeu.
Mas en tant' a dona adormeçeu
e viu en vijon, ond' esterreçeu
con mui gran pavor que ouve mortal.

 De muitas guisas ...

Ca sse viu sobr' ur poç' aquela vez,
estreit' e fond' e mais negro ca pez,
e o demo, que a trager y fez,
deita-la quis per i no infernal

De muitas guisas ...

Fogo, u mais de mil vozes oyu
d' omes e muitos tormentar y viu;
e con med' a poucas xe lle partiu
o coraçon, e chamou: Sennor, val

De muitas guisas...

Santa Maria, que Madr' es de Deus,
ca sempre punnei en faze-los teus
mandamentos, e non cates los meus pecados, ca o teu ben nunca fal.»

De muitas guisas ...

Pois esto disse, foi-ll' aparecer
Santa Maria e mui mal trager,
dizendo-lle: «Venna-ch' or' acorrer
o por que me deitast', e non m' en cal.»

De muitas guisas ...

Esto dito, un diaboo a puxou
dentro no poç'; e ela braadou
por Santa Maria, que a sacou
del, a Reynna nobre spirital.

De muitas guisas ...

Des que a pos fora, disse-ll' assi:
«Des oge mais non te partas de mi
nen de meu Fillo, e se non, aqui
te tornarei, u non averá al.»

De muitas guisas ...

Pois passou esto, acordou enton
a monja, tremendo-ll' o coraçon;
e con espanto daquela vijon
que vira, foi logo a un portal

De muitas guisas ...

U achou os que fezera vyr
aquele con que posera de ss' ir,
e disse-lles: «Mal quisera falir
en leixar Deus por ome terral.

De muitas guisas ...

Mais, se Deus quiser, esto non será,
nen fora daqui non me veerá
ja mais null' ome; e ide-vos ja,
ca non quer' os panos neno brial.

De muitas guisas ...

Nen mentre viva nunca amador
averei, nen non quer' eu outr' amor
senon da Madre de Nostro Sennor,
a Santa Reynna celestial.»

De muitas guisas ...

La monja con su enamorado Se le aparece la Virgen Y la salva de ser empujada por el demonio al infierno La monja promete no volver a pecar La monja dice al caballero que no se marchará con él