Esta é de como o crerizon meteu o anel
eno dedo da omagen de Santa Maria,
e a omagen encolleu o dedo con el

A Virgen mui groriosa,
Rea espirital, dos que ama é ceosa,
ca non quer que façan mal.

    Dest' un miragre fremoso, ond' averedes sabor,
vos direy, que fez a Virgen, Madre de Nostro Sennor,
per que tirou de gran falla a un mui falss' amador,
que amude cambiava seus amores dun en al.

A Virgen mui groriosa...

Foi en terra d'Alemanna que querian renovar
has gentes ssa eigreja, e poren foran tirar
a majestad' ende fora, que estava no altar,
e posérona na porta da praça, sso o portal.

A Virgen mui groriosa...

En aquela praç' avia un prado mui verd' assaz,
en que as gentes da terra yan ter seu solaz
e jogavan à pelota, que é jogo de que praz
muit' a omes mancebos mais que outro jog' atal.

A Virgen mui groriosa...

Sobr' aquest' ha vegada chegou y un gran tropel
de mancebos por jogaren à pelot', e un donzel
andava y namorado, e tragia seu anel
que ssa amiga lle dera, que end' era natural.

A Virgen mui groriosa...

Este donzel, con gran medo de xe l' o anel torcer
quando feriss' a pelota, foy buscar u o põer
podess'; e viu a omage tan fremosa parecer,
e foi-llo meter no dedo, dizend': «Oi mais non m'enchal

A Virgen mui groriosa...

Daquela que eu amava, ca eu ben o jur' a Deus
que nunca tan bela cousa viron estes ollos meus;
poren daqui adeante serei eu dos servos teus,
e est' anel tan fremoso ti dou porend' en sinal.»

A Virgen mui groriosa...

E os gollos ficados ant' ela con devoçon,
dizendo «Ave Maria», prometeu-lle log' enton
que des ali adelante nunca no seu coraçon
outra moller ben quisesse e que lle fosse leal.

A Virgen mui groriosa...

Pois feit' ouve ssa promessa, o donzel logo ss' ergeu,
e a omagen o dedo cono anel encolleu;
e el, quando viu aquesto, tan gran pavor lle creceu
que diss' a mui grandes vozes: «Ay, Santa Maria, val!

A Virgen mui groriosa...

As gentes, quand' est' oyron, correndo chegaron y
u o donzel braadava, e el contou-lles des i
como vos ja dit' avemos; e conssellaron-ll' assi
que orden logo fillasse de monges de Claraval.

A Virgen mui groriosa...

Que o fezesse cuidaron logo todos dessa vez;
mas per consello do demo ele d' outra guisa fez,
que o que el prometera aa Virgen de gran prez,
assi llo desfez da mente como desfaz agua sal.

A Virgen mui groriosa...

E da Virgen groriosa nunca depois se nenbrou,
mas da amiga primeira outra vez sse namorou,
e per prazer dos parentes logo con ela casou
e sabor do outro mundo leixou polo terreal.

A Virgen mui groriosa...

Poi-las vodas foron feitas e o dia sse sayu,
deitou-ss' o novio primeiro e tan toste ss' adormyu;
e el dormindo, en sonnos a Santa Maria vyu,
que o chamou mui sannuda: «Ai, meu falss' e mentiral!

A Virgen mui groriosa...

De mi por que te partiste e fuste fillar moller?
Mal te nenbrou a sortella que me dést'; ond' á mester
que a leixes e te vaas comigo a como quer,
se non, daqui adeante averás coyta mortal.»

A Virgen mui groriosa...

Logo s' espertou o novio, mas pero non se quis ir;
e a Virgen groriosa fez-lo outra vez dormir,
que viu jazer ontr' a novia e ssi pera os partir,
chamand' a el mui sannuda: «Mao, falsso, desleal,

A Virgen mui groriosa...

Ves? E por que me leixaste e sol vergonna non ás?
Mas se tu meu amor queres, daqui te levantarás,
e vai-te comigo logo, que non esperes a cras;
erge-te daqui correndo e sal desta casa, sal!»

A Virgen mui groriosa...

Enton ss' espertou o novio, e desto tal medo pres
que ss' ergeu e foi ssa via, que non chamou dous nen tres
omes que con el fossen; e per montes mais dun mes
andou, e en un' hermida se meteu cab' un pal.

A Virgen mui groriosa...

E pois en toda ssa vida, per com' eu escrit' achei,
serviu a Santa Maria, Madre do muit' alto Rei,
que o levou pois conssigo per com' eu creo e sei,
deste mund' a Parayso, o reino celestial.

A Virgen mui groriosa...


 
 

Cantigas de Santa María

 
 
mapa web
Pincha en el icono para escuchar el midi; y en la imagen, para ver cada una de las viñetas ampliada, con la traducción del poema
cantiga 42

 Cantiga 42 Por obras en la iglesia, sacan a la Virgen a la puerta Los jóvenes juegan cerca a la pelota Un joven coloca su anillo en el dedo de la Virgen Banquete de bodas Esposos en la cama El joven se hace ermitaño