Cantigas de Santa María

 
 
mapa web
Pincha en el icono para escuchar el midi; y en la imagen, para ver cada una de las viñetas ampliada, con la traducción del poema
cantiga 32

Esta é como Santa Maria amaçou o bispo
que descomungou o crerigo
que non sabia dizer outra missa senon a sua.

Quen loar podia,
com' ela querria,
a Madre de quen
o mundo fez,
seria de bon sen.


Dest' un gran miragre vos contarei ora,
que santa Maria fez, que por nos ora,
du que al, fora
a ssa missa, ora-
çon nunca per ren
outra sabia
dizer mal nen ben.

Quen loar podia...

Onde ao Bispo daquele bispado
en que el morava foi end' acusado;
e ant' el chamado
e enpreguntado
foy, se era ren
o que oya
del Respos: «O ben.»

Quen loar podia...

Poi-lo Bispo soube per el a verdade,
mandou-lle tan toste  mui sen piedade
que a vezindade
leixas' da cidade
tost' e sen desden,
e que ssa via
logo sse foss' en.

Quen loar podia...

Aquela noit' ouve  o Bispo veuda
a Santa Maria  con cara sannuda,
dizendo-lle: «Muda
a muit' atrevuda
sentença, ca ten
que gran folia
fezist'. E poren

Quen loar podia...

Te dig' e ti mando  que destas perfias
te quites; e se non, d' oj' a trinta dias
morte prenderias
e alá yrias
u dem' os seus ten
na ssa baylia,
ond' ome non ven.»

Quen loar podia...

O Bispo levou-sse  mui de madurgada,
e deu ao preste ssa raçon dobrada.
«E missa cantada
com' acostumada
ás,» disse, «manten
da que nos guia,
ca assi conven.»

Quen loar podia...

El clérigo diciendo misa El clérigo es interrogado por el obispo El obispo excomulga al clérigo La virgen se aparece al obispo y le pide que cambie su sentencia El obispo devuelve al clérigo su parroquia El clérigo diciendo misa de nuevo