Cantigas de Santa María

 
 
mapa web
 
Pincha en el icono para escuchar el midi; y en la imagen, para ver cada una de las viñetas ampliada, con la traducción del poema
cantiga 266

cantiga 228

El amo manda matar a su mula, que padece de gota La mula se pone en pie La mula es sanada por la Virgen La mula se encamina hacia la iglesia Todos agradecen a la Virgen La mula se postra ante la Virgen

Como Santa Maria de Castroxerez guardou a gente que siia na ygreja oy[n]do o sermon, da trave que caeu de çima da ygreja sobr' eles.

De muitas guisas miragres a Virgen esperital faz por que en Deus creamos e por nos guardar de mal.

E por esto contar quero dun escrito en que diz un mui fremoso miragre que fez en Castroxeriz a Virgen Santa Maria, ond' aqueste cantar fiz; e por Deus, parad' y mentes e non faledes en al.

De muitas guisas miragres a Virgen esperital...

Aquesto foi na ygreja que chamada é de pran de todos Santa Maria, e muitas gentes y van ter ali ssas vegias e de grad' y do seu dan por se fazer a eigreja e a torr' e o portal.

De muitas guisas miragres a Virgen esperital...

E por aquesto madeira fazian ali trager, pedra e cal e ara; e desta guis' a fazer começaron a ygreja tan grande, que ben caber podess' y muita de gente, pero non descomunal.

De muitas guisas miragres a Virgen esperital...

Onde avo un dia que estando no sermon mui gran gente que y era, conteçeu assi enton que caeu ha gran trave sobre la gente; mas non quis a Virgen que ferisse a nunll' om'. E quen viu tal

De muitas guisas miragres a Virgen esperital...

Miragre! ca tan espessa siya a gen' aly aquele sermon oyndo, como contaron a mi, que de cima non podia niha ren caer y que non matass' ou ferisse e fezesse gran sinal.

De muitas guisas miragres a Virgen esperital...

Mas a Virgen groriosa, cujo era o lavor, non quis que aquela trave fezesse senon pavor. Poren quantos y estavan deron a ela loor, que senpr' aos seus acorre nas grandes coitas e val.

De muitas guisas miragres a Virgen esperital...