Cantigas de Santa María

 
 
mapa web
 
Pincha en el icono para escuchar el midi; y en la imagen, para ver cada una de las viñetas ampliada, con la traducción del poema
cantiga 181

Cantiga 181 Los moros tienen cercada Marrakech El rey pide consejo El ejército se dispone al ataque Los moros llevan los estandartes con la Virgen La batalla El ejército moro huye aterrado

 

Esta é como Aboyuçaf foy desbaratado en Marrocos pela sina de Santa Maria.

Pero que seja a gente d' outra lei [e] descreuda, os que a Virgen mais aman, a esses ela ajuda.

Fremoso miragre desto fez a Virgen groriosa na cidade de Marrocos, que é mui grand' e fremosa, a un rei que era ende sennor, que perigoosa guerra con outro avia, per que gran mester ajuda.

Pero que seja a gente d' outra lei e descreuda...

Avia de quen lla désse; ca assi com' el cercado jazia dentr' en Marrocos, ca o outro ja passado era per un gran[de] rio que Morabe é chamado con muitos de cavaleiros e mui gran gente miuda.

Pero que seja a gente d' outra lei e descreuda...

E corrian pelas portas da vila, e quant' achavan que fosse fora dos muros, todo per força fillavan. E porend' os de Marrocos al Rei tal conssello davan que saisse da cidade con bõa gent' esleuda.

Pero que seja a gente d' outra lei e descreuda...

D' armas e que mantenente cono outro rei lidasse e logo fora da vila a sina sacar mandasse da Virgen Santa Maria, e que per ren non dultasse que os logo non vencesse, pois la ouvesse tenduda;

Pero que seja a gente d' outra lei e descreuda...

Demais, que sair fezesse dos crischãos o concello conas cruzes da eigreja. E el creeu seu consello; e poi-la sina sacaron daquela que é espello dos angeos e dos santos, e dos mouros foi viuda,

Pero que seja a gente d' outra lei e descreuda...

Que eran da outra parte, atal espant' en colleron que, pero gran poder era, logo todos se venceron, e as tendas que trouxeran e o al todo perderon, e morreu y muita gente dessa fea e barvuda.

Pero que seja a gente d' outra lei e descreuda...

E per Morabe passaron que ante passad' ouveran, e sen que perdud' avian todo quant' ali trouxeran, atan gran medo da sina e das cruzes y preseran, que fogindo non avia niun reda tuda.

Pero que seja a gente d' outra lei e descreuda...

E assi Santa Maria ajudou a seus amigos, pero que d' outra lei eran, a britar seus emigos que, macar que eran muitos, nonos preçaron dous figos, e assi foi ssa mercee de todos mui connoçuda.

Pero que seja a gente d' outra lei e descreuda...