Cantigas de Santa María

 
 
mapa web
 
Pincha en el icono para escuchar el midi; y en la imagen, para ver cada una de las viñetas ampliada, con la traducción del poema
cantiga 166

Cantiga 166 Todos rezan a la Virgen El hombre da gracias a la Virgen Tras el milagro el hombre va de peregrinación a Salas El tullido reza a la Virgen Pasan los años y el enfermo no sana Un tullido postrado en la cama

Esta [é] como Santa Maria guareceu un ome que era tolleito
do corpo e dos nenbros, na sa eigreja en Salas.

Como poden per sas culpas os omes seer contreitos,
assi poden pela Virgen depois seer sãos feitos.

Ond' avo a un ome, por pecados que fezera,
que foi tolleito dos nenbros da door que ouvera,
e durou assi cinc' anos que mover-se non podera,
assi avia os nenbros todos do corpo maltreitos.

Como poden per sas culpas os omes seer contreitos...

Con esta enfermidade atan grande que avia
prometeu que, se guarisse, a Salas logo irya
e ha livra de cera cad' ano ll' ofereria;
e atan toste foi são, que non ouv' y outros preitos.

Como poden per sas culpas os omes seer contreitos...

E foi-sse logo a Salas, que sol non tardou niente,
e levou sigo a livra da cera de bõa mente;
e ya muy ledo, como quen sse sen niun mal sente,
pero tan gran tenp' ouvera os pes d' andar desafeitos.

Como poden per sas culpas os omes seer contreitos...

Daquest' a Santa Maria deron graças e loores,
porque livra os doentes de maes e de doores
e demais está rogando senpre por nos pecadores;
e poren devemos todos sempre seer seus sogeitos.

Como poden per sas culpas os omes seer contreitos...