Cantigas de Santa María

 
 
mapa web
 
Pincha en el icono para escuchar el midi; y en la imagen, para ver cada una de las viñetas ampliada, con la traducción del poema
cantiga 165

Cantiga 165 El Sultán pide consejo al espía moro El ejército celestial lucha junto a los cristianos El espía explica que la Virgen les ayuda El ejército celestial lucha junto a los cristianos El Sultán decide parar el ataque El Sultán reza a la Virgen

Como Santa Maria de Tortosa d' Ultramar
defendeu a vila do soldan.

Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x' é tod' espirital.

En Ultramar dest' avo miragre grand' e mui bel
que mostrou Santa Maria, Madre de Deus Manuel,
a un soldan poderoso, porque era mui cruel
e porend' aos crischãos desamava mais que al.

Niun poder deste mundo...
 
A este soldan chamavan per seu nome Bondoudar,
que Egito e Alapa avia a seu mandar
e Domas e a Camela; e porende guerrejar
queria sempr' a crischãos e fazer-lles muito mal.

Niun poder deste mundo...
 
Este seus omes tragia con crischãos toda vez
por saber mais sa fazend', e un deles saber-lle fez
que, sse fillasse Tortosa, gãaria y gran prez,
demais quen lla defendesse non avia tal nen qual.

Niun poder deste mundo...
 
Log' o soldan con grand' oste moveu,'quand' aquest' oyu,
e mui preto de Tortosa en [un] outeiro sobyu,
e parou mentes na vila, e tan pouca gent' y viu
que teve que aquel mouro non lle fora mentiral.

Niun poder deste mundo...
 
Quand' a gente de Tortosa viron atan gran poder
de mouros vir sobr' eles, cuidaron mortos seer;
e foron-ss' aa eigreja sas orações fazer,
dizend': «Ai, Santa Maria, pois ta mercee non fal

Niun poder deste mundo...
 
A quantos que a demandan, vel a nos que somos teus,
guarda-nos que non caiamos en poder destes encreus
que per nulla ren non creen que tu es Madre de Deus;
e porend' en este feito mostra algun gran sinal.»

Niun poder deste mundo...
 
Pois ssa oraçon fezeron, per quant' end' eu aprendi,
contaron-se quantos eran, mais poucos s' acharon y.
Enton a mui grandes vozes todos disseron assi:
«Sennor, se nos non acorres, preit' é mui descomal.»

 Niun poder deste mundo...
 

O soldan log' outro dia sas gentes armar mandou
pera fillaren a vila, mas non foi com' el cuidou;
ca pois sse chegou a ela, tal gente lle semellou
que estava alá dentro, que non ficava portal

Niun poder deste mundo...

Nen torre nen barvacãa nen muro per nulla ren
u gente muita non fosse, armados todos mui ben.
Quando viu o soldan esto, teve-sse por de mal sen,
e chamou porend' o mouro: «Mao, falsso, mentiral,

Niun poder deste mundo...
 
Di, e porqué me feziste con mia ost' aqui vir,
dizendo que esta vila non sse podia bastir
d' omes d' armas, de maneira que me podesse guarir,
e, eu vejo-a bastida como non vi outra tal?»

Niun poder deste mundo...
 
O mouro, con mui gran medo, lle respos esta razon:
«Sennor, quanto vos eu dixe verdad' [éste] e al non;
mas tod' estes cavaleiros, vedes que dos Ceos son,
ca chus brancos son e craros que é neve nen cristal.»

Niun poder deste mundo...
 
Enton o soldan lle disse: «E que buscaron acá?»
Diss' o mouro: « Per mandado da Virgen, Madre d'Içá,
veron, que un' eigreja dentro ena vila á,
que está preto dos muros da parte do aral.»

Niun poder deste mundo...
 
 
O soldan diss' ao mouro: «Eno Alcoran achey
que Santa Maria virgen foi sempr'; e pois esto sey,
guerra per nulla maneira con ela non fillarey,
e daqui me torno logo, e fas tange-lo tabal.»

Niun poder deste mundo...
 
E quand' aquest' ouve dito, foi-sse logo manaman,
e desta guisa sa vila guardou a do bon talan;
mas ante que ss' en partisse, deu y grand' alg' o soldan
por amor da Virgen Santa, Reynna celestial.

Niun poder deste mundo...