Cantigas de Santa María

 
 
mapa web
 
Pincha en el icono para escuchar el midi; y en la imagen, para ver cada una de las viñetas ampliada, con la traducción del poema
cantiga 98

Cantiga 98 La mujer acude a misa a la iglesia de Vaubert Todos están dentro pero ella no puede pasar La mujer llora a la puerta de la iglesia La mujer se confiesa La puerta se abre al fin Todos dan gracias a la Virgen por el milagro

 

Como ha moller quis entrar en Santa Maria de Valverde
e non pude abrir as portas aten que sse mãefestou.

Non dev' a Santa Maria mercee pedir
aquel que de seus pecados non se repentir.

Desto direy un miragre que contar oý
a omees e molleres que estavan y,
de como Santa Maria desdennou assi
ante todos ha dona que fora falir.

Non dev' a Santa Maria mercee pedir...

E o falimento fora grand' e sen razon;
e porque ss' en non doya en seu coraçon,
pero a Santa Maria foi pedir enton
que entrass' en sa eigreja, non quis consentir.

Non dev' a Santa Maria mercee pedir...

Aquesto foi en Valverde, cabo Monpisler,
u faz a Virgen miragres grandes quando quer,
u vo aquesta dona, mui pobre moller,
por entrar ena eigreja; mas non pod' abrir

Non dev' a Santa Maria mercee pedir...

As portas per nulla guisa que podess' entrar;
e entravan y os outros, dous e tres a par.
Quand' aquesto viu a dona, fillou-ss' a chorar
e con coita a cativa sas faces carpir,

Non dev' a Santa Maria mercee pedir...

Dizendo: «Santa Maria, tu, Madre de Deus,
mui mais son as tas mercees que peccados meus;
e fas-me, Sennor, que seja eu dos servos teus
e que entre na eigreja tas oras oyr.»

Non dev' a Santa Maria mercee pedir...

Pois que aquest ouve dit' e sse mãefestou
e do mal que feit' avia muito lle pesou,
enton as portas abertas vyu, e log' entrou
na eigreja muit' aga. E esto gracir

Non dev' a Santa Maria mercee pedir...

Foi ela e muita gente que aquesto viu.
E sempr' ela en sa vida a Virgen serviu
e nunca des aquel' ora daly sse partyu,
ante punnou todavia d' a Virgen servir.

Non dev' a Santa Maria mercee pedir...